Galiza vs. Camerún (III)

Pois chegou o partido, e costou, costou agardar unha hora e media a que Camerún cobrara a prima de clasificación a Copa de Africa sen a cal ...

Pois chegou o partido, e costou, costou agardar unha hora e media a que Camerún cobrara a prima de clasificación a Copa de Africa sen a cal non pensaban acudir a Balaidos. Un detalle moi profesional dos cameruneses (esto, para quen non o saiaba é sutil retranca galega), evidentemente, ¿qué maís da ter un estadio ateigado de xente agardando a que soluciones os teús problemas persoais? ¿qué maís da que o outro equipo este agardando que chegues para xogar? Como diría Manquiña: profesional, muy profesional.


A primeira parte Galiza non tuvo nada que envexar os cadro camerunés. Comenzaron ambos equipos fríos pero pouco a pouco o partido foi quecendo. Pero sen dúbida a mellor oportunidade tivoa Camerún nun man a man entre Diego López e Tomuo, que terminou nunha boa (e sorprendente) parada do cancerbeiro galego.

Na segunda parte chegaron os goles. Libre indirecto para o equipo galego, pita o colexiado, tocan o balón e volta a pitar: man, man de Job; como diría o celebre linier ha sido el 5, penalti y expulsión, e así foi. Xulio Álvarez colle o balón, colaca, apunta, dispara e GOOOOOOLLLL!!! Balaidos cae, é o delírio!!! 1-0 Galiza por diante.

Pero a catro minutos do final outro penalti, esta vez a prol de Camerún (e foi, que ben o vin). Keko, porteiro do Racing de Ferrol, que acababa de saír o campo nese momento, colocase baixo os paus pero pouco pode facer, Song apunta o empate no taboleiro. 1-1, non hai tempo para maís.

Galiza segue invicta outro ano maís.

pd.: Do concerto non sei nada, porque saíndo do campo as 00.30 e traballando o día seguite pouco (o nada) se pode facer.

pd2.: Que ben prenden os contenedores de Vigo

Aquí os puede interesar

0 seres inteligentes han dicho y tú, ¿a qué esperas?