Día das Letras Galegas 2010

Vietnam Canto CUMES CUMES CUMES CUMES COM´ESTES ECOEN UNHA VEZ POR CADA MORTE VIETNAMMMMMMMMMMMMM VIETNAMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMM VIETNAMMMMMM...



Vietnam Canto


CUMES CUMES CUMES CUMES COM´ESTES ECOEN
UNHA VEZ POR CADA MORTE
VIETNAMMMMMMMMMMMMM
VIETNAMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMM
VIETNAMMMMMMMMMMMMM

Metan na casa a verba na cociña na mesa na cama xa está
E calaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaar
Hastr´o berro que te acusa USAUSAUSAUSAUSAUSA

un
morto
dous mortos
tres / trinta mortos
trescentos / tres mil mortos
OFENSIVA DO TEIT 22000 / 100000 mortos
tódalas os que se volven ceros 00000000000000000000000
baixo de cada un 10 / 100 / 1000 / 10000 mortos á maquina
difuntiños que a noite acolle entre cañas baixo o torbón do
[monzón
na lua do TEIT

dá vergonza vivir
dá vergonza estar vivo e ver a PRIMAVERA

cándo remata un pobo?
un pobo nace sempre
no remata nunca nuncanuncanuncanuncanuncanuncanunca

seino por vós
pobo como o meu
GALICIA pequeniña
Sola cousa de todos

mortos mortos
mortos mortos
mortos mortos
mortos mortos
mortos mortos
mortos mortos
mortos mortos
mortos mortos
mortos mortos
mortos mortos
mortos mortos
mortos mortos
mortos mortos
mortos mortos
mortos caindo polos teletipos
luas de LI PO afondadas pra que a lus seña a A de
LIBERTÁAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAA

(Uxío Novoneyra)

Aquí os puede interesar

0 seres inteligentes han dicho y tú, ¿a qué esperas?